Pois xa pasou o Nadal e aínda non viñeramos por aquí a contarvos en que andamos. Díse que se pode felicitar o ano ata o día 15 de xaneiro polo que nos xa non chegamos a tempo, así que vos evitamos o tópico. E así tamén podemos ir directamente a falarvos de saídas que fixemos no Servizo de Ocio e presentarvos a máis xente de ADCOR.
Nesta entrada vainos falar unha das persoas que máis recentemente se incorporou a entidade: leva dende outubro acudindo o Centro Ocupacional de Enrique Dequidt e tamén dende o ano pasado participa das clases de baile de ocio das tardes dos luns con Mati, Santi e Jessi (temos que falarvos deles un día destos). Pero este sábado acudiu por primeira vez a unha saída de fin de semana con AdcorOcio:
Hola, soy David
Me lo pase bien en el Karaoke, tomé un cola cao y canté mucho. Nos divertimos mucho, nos reimos mucho. Canté la canción de Elvis Crespo Tu Sonrisa.
Estuve con chicos y chicas como Patricia que cantó Bulería de David Bisbal y Jairo que cantó Pastora Soler y muchos chicos y chicas cantaron y Pablo cantó Melendi Caminando por la vida.
Y estuvimos todos juntos charlando y cantando y después volvimos para casa y ya se acabó.
Alegrámonos moito de que David desfrutara este primeiro día. Ten moita razón dicindo que eramos moitos, xuntámonos un grupo moi numeroso. Ir o karaoke é unha das cousas que facemos de sempre e polo menos imos un par de veces o ano. A moita xente de ADCOR gustalle bastante e pasámolo moi ben cando imos. O noso é o karaoke de Santa Cristina, Sitio Distinto. Lévano Alba e Fran e sempre nos acollen con moito cariño. Aproveitar dende aquí para darlles as gracias.
E nada, agardar que David nos siga contando tan ben as saídas que fai no Servizo e xa dentro de pouco pedirémoslle que se volva a pasar por aquí porque a principios de marzo vai ir a Tenerife no programa de vacacións do Imserso-Plena Inclusión Galicia do que xa vos falaremos noutra ocasión.
Saúdos