OCIO·Sin categoría·VOLUNTARIADO

María: o baloncesto en feminino

María é a integrante feminina que nos queda no equipo de baloncesto.

En ADCOR hai un grupo de xente que á que lle gusta o deporte i en concreto o baloncesto e que dende fai xa cinco ou seis anos adestran de forma semanal a este deporte. Incluso forman un equipo para competir na liga autonómica ou desputar partidos amigables. Adestran os sábados pola mañá nunha das pistas do Complexo Deportivo de Riazor. E queremos, nesta entrada do blog, falarvos do baloncesto e presentarvos a María.

María é unha das persoas claves neste grupo, polo moito que lle gusta este deporte. En canto a interese no deporte en concreto, María é realmente a que máis paixón ten polo baloncesto. A Pablo, que xa falou aquí, ou a Iván gustalles moito tamén pero xogan o fútbol.

baloncesto adcor ocio adcorocio voluntariado (3)

María acaba o adestramento e sempre se queda trando uns tiros na canasta si pode, mentres os de patinaxe, que van despois na pista, non están preparados para saír. Moitas veces hai que irlle decir, “Maria, que nos temos que ir….” Cun balón e unha canasta pode pasar o día enteiro. Ela dende sempre gustoulle este deporte. Pasa moito tempo na Solana coa familia e alí soe pasar sempre pola pista a botar uns tiros. Xoga co pai ou co tío, co irmán, con quen estea na pista,… ou ela soa. Pero o baloncesto gústalle de verdade.

Dende que en AdcorOcio nos animamos a adicarlle tempo o baloncesto, María foi das primeiras en apuntarse e realmente exemplifica o porque de facer cousas coma estas. As ganas que lle pon a todo, o motivada e ilusinada que  ven a adestrar (xa non digamos xogar un partido ou meter unha canasta), o boa compañeira que é dos demais, o moito que se sinte parte do grupo, de estar cos compañeiros do equipo. E os demáis están aprendendo moito con ela sobre o traballo en equipo. Todo isto é o que máis nos gusta.

Fai unhas semanas quixeron ir a ver a película de Campeones e foi todo o equipo con mais xente de Adcor e rimos todos moitos coa película e coas aventuras do equipo e dos xogadores. Vímonos en certa medida reflexados como non pode ser doutra maneira, a película gustounos e vola recomendamos.

E a semana pasada xogamos un partido amigable con xente de Betanzos que tiveron o detalle de virse ata Coruña para poder disputar este partido. Gañamos o partido, pero eso foi o de menos. Gustoume que todos os integrantes do equipo encestaron unha canasta polo menos. Eso pareceume chulo e foi porque con Maria aprendimos o que é o esforzó e o valor do equipo. E ademáis de todo, pasamos un bo rato.

baloncesto adcor ocio adcorocio voluntariado (1)

E xa como último aporte de María a este equipo, foi que nos fixo a gran fichaxe deste ano. Sempre nos custou ter voluntarios para esta actividade, como vos decía os adestramentos son os sábados as 10.00 da mañá. Por aquí pasou xente como Fernando ou Arantxa, grandes persoas das que tivemos a sorte de contar co seu tempo e o gusto de coñecer. Fernando marchou a vivir a Salamanca e mantemos o contacto e Arantxa seguimos tendo a sorte de tela con nós  noutras cousas. E agora… chegoun Jorge, o irmán de María… Un crack de adestrador, o noso Javier Gutierrez particular, porque é un tio ao que lle gusta e sabe moito de baloncesto e ademáis ten unha calidade humán que sendo irmán de María pois… non podía ser doutro xeito.

Así que Jorge leva xa dende finais do ano pasado adestrando o equipo e están mellorando un montón, pero sobretodo puido darlle continuidade e un novo impulso a este grupo e a esta actividade deportiva que temos en ADCOR. Agora son xa máis de 10 persoas as que participan semanalmente.

María non quere que deixemos de escribir aquí sen mencionar o equipo enteiro, ela insiste sempre no seu equipo e na sua xente, ademáis do seu deporte. Pois o equipo está formado por Pablo, Jairo, David e Iván como os de sempre, os da vella garda como María. Tamén Carlos, Jaime  e Pablo G. levan tempo participando, pero de forma algo menos constante. E este último ano tivemos a incorporación da nosa torre de 2.05 cm, a Pablo V. e tamén mais recentemente as de Cristiá  ou Senen.

Gracias María e gracias Jorge. E como decía o gran Andrés Montes “BA-LON-CES-TO!!!!
Seguiremos contándovos do equipo de baloncesto de ADCOR. Saúdos.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s